Axenda 2030

Contribuímos á consecución dos ODS.

Como empresa socialmente responsable, temos un propósito ambiental: promover a sostibilidade a través da economía circular. Contribuímos á Axenda 2030 e aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) aprobados pola ONU, a través de iniciativas e proxectos transformadores que permitirán construír unha sociedade máis sostible, inclusiva, xusta e respectuosa co medio ambiente.

A nosa aportación aos ODS

ODS 5

Igualdade de xénero

Fomentamos o talento e a conciliación do noso equipo, e comprometémonos coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

ODS 8

Traballo decente e crecemento económico

Fomentamos el talento y la conciliación de nuestro equipo, y nos comprometemos con la igualdad de oportunidades entre mujeres y hombres.

ODS 10

Redución das desigualdades

En Coregal cremos na igualdade de oportunidades. Impulsamos o emprego e a inclusión social das persoas con discapacidade a través da reciclaxe.

ODS 12

Produción e consumo responsables

Fomentamos a sensibilización ambiental entre a cidadanía e axudamos ás empresas para xestionar os residuos que xeran. Porque a circularidade só se consegue co compromiso de todas as persoas.

ODS 13

Acción polo clima

A nosa actividade principal é vital para o medioambiente. A correcta xestión de residuos ten un impacto directo na loita contra o cambio climático e na optimización dos recursos do planeta: materias primas, auga, enerxía e emisións de CO2.

ODS 17

Alianzas para lograr os obxetivos

Coregal nace coa vontade de construír alianzas. O noso modelo de xestión baséase na colaboración con administracións públicas, empresas e outras organizacións e esténdese máis aló da reciclaxe.