Skip to content

Quen somos

Somos unha empresa de economía social dedicada á recollida, clasificación, tratamento, xestión e valorización dos residuos, co propósito de promover a circularidade mediante a súa redución, reutilización e reciclaxe.

Fieis ao grupo empresarial ao que pertencemos, COGAMI Empresarial, e a súa misión, Coregal é un Centro Especial de Emprego de Iniciativa Social que desenvolve a súa actividade cun enfoque empresarial que integra a sostebilidade económica, ambiental e social por medio da creación de oportunidades para as persoas con discapacidade.

1_ecoplantas
Ecoplantas
0
5_materiales
Materiais valorizados
100
4_toneladas
Toneladas de residuos xestionadas
100 +
2_vehículos
Vehículos
0 +
3_profesionales
Profesionais
0 +

Un proxecto circular

Traballamos aliñados con todos os nosos grupos de interese no deseño eficiente dun modelo circular que axude ao planeta e ás persoas que viven nel. Colaboramos con empresas, Administracións Públicas e cidadanía para poder dar unha segunda vida aos residuos. É a nosa forma de xerar valor ambiental, social e económico para a sociedade a través da economía circular.

Xeramos valor ambiental, social e económico

Cidadanía
Participamos en xornadas de sensibilización e impartimos formación motivados polo noso compromiso coa sociedade para seguir impulsando a economía circular. Desta forma creamos valor facilitando a contribución da cidadanía ao desenvolvemento sostible.
Administracións públicas
Traballamos coas administracións aportando asesoramento e coñecemento técnico para ofrecer un servizo público de calidade no que os sistemas de recollida e selección de residuos sexan eficientes, tanto dende o punto de vista económico como social e ambiental.
Empresas
As empresas confían en Coregal, pola nosa profesionalidade e por un servizo de calidade. Ademais, facilitámoslles o cumprimento das obrigacións establecidas por Lei en materia de discapacidade, recorrendo ás Medidas Alternativas, una ferramenta de inclusión fundamental.

Abordamos o noso compromiso co desenvolvemento sostenible dende unha tripla perspectiva: económica, ambiental e social.

A xestión de residuos ten un impacto directo no noso planeta. A través deste xesto contribuímos entre todas ao coidado do medioambiente e á loita contra o cambio climático.

A calidade do material que xestionamos nas nosas plantas de selección, tanto o que se procesa como o que se rexeita, é analizada por empresas especializadas.

En Coregal aplicamos estándares internacionais de calidade e xestión ambiental baixo as normas ISO 9001, ISO 14001 e ISO 45001, e realizamos controis para a mellora continua dos nosos procesos.

Dende a nosa vocación ambiental, en Coregal tamén apostamos por minimizar o impacto na contorna natural da nosa actividade produtiva mediante o cálculo da pegada de carbono. A través desta medición das toneladas de CO2 que xeramos establecemos accións para reducirla.

A economía circular é a razón de ser de Coregal. Establecemos así un modelo eficiente que promove a recuperación e optimización dos recursos, alargando a súa vida útil. Desta forma, Coregal cambia o actual sistema liñal de usar e tirar e aposta por outro respetuoso co medioambiente e baseado na redución, reutilización e reciclaxe.

A sostibilidade vai máis aló da reciclaxe e do coidado do medioambiente. Un futuro circular só é posible se é tamén máis xusto e inclusivo, e iso, no noso caso, pasa por fomentar o emprego das persoas con discapacidade.

Empezamos en 1994 a operar con 5 profesionais e hoxe xa somos un equipo de preto de 200 persoas, das que máis do 85% teñen algún tipo de discapacidade.

Unha combinación de diversidade, talento e compromiso está na base do noso éxito. Medidas que fomentan a conciliación e un clima de traballo que sitúa á profesional no centro son claves na relación coas persoas que conforman Coregal.