Skip to content

Coregal presente no Festival de Cultura Urbana “Compostela Street 2025”

Faite parte: síguenos o rollo”, con este claim Coregal está presente no Compostela Street 2025, un Festival de Cultura Urbana que se celebra o 19, 20 e 21 de setembro en Santiago de Compostela e no que participa para que o proceso de reciclaxe siga o seu curso e os residuos que se xeren durante este evento teñan unha segunda vida.

O Compostela Street é unha iniciativa comprometida coa sostibilidade ambiental, a xestión selectiva de residuos e que reivindica a importancia da cadea de reciclaxe traballando por un modelo circular, polo que desde Coregal apoiamos este tipo de eventos para que a reciclaxe estea presente e poidamos contribuír a valorización de residuos.

En Coregal promovemos a circularidade, polo que traballamos na recollida, clasificación, tratamento e xestión de residuos dándolles un novo uso mediante a redución, reutilización e reciclaxe.

Todas as persoas podemos aportar mediante o noso compromiso ambiental e as nosas accións diarias, nós xa o facemos e animamos a que ti tamén o fagas: faite parte!

aCTUALIDADE COREGAL

Outras novas