Skip to content

Coregal recibe unha axuda da Xunta para fomentar a contratación feminina

Coregal vén de recibir unha subvención de 11.500 euros concedida pola Xunta de Galicia, ao abeiro do Programa de incentivos á contratación por conta allea (TR342C), incluído no Plan Galicia Emprega. O obxectivo desta axuda é apoiar a contratación estable de persoas con maiores dificultades de acceso ao mercado laboral.

Neste caso, a subvención concédese pola contratación indefinida inicial dunha muller desempregada nunha ocupación masculinizada, contratada o pasado 8 de xaneiro de 2025 a xornada completa.

Este apoio enmárcase dentro das políticas activas de emprego promovidas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que buscan fomentar a igualdade de oportunidades e avanzar na inserción laboral de colectivos desfavorecidos, como as mulleres en sectores tradicionalmente ocupados por homes.

Con esta acción, Coregal continúa a súa aposta polo fomento do talento e a conciliación do equipo, e comprometéndose coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

aCTUALIDADE COREGAL

Outras novas