Skip to content

Sostibilidade en marcha: Coregal instala paneis solares en Santiago

Coregal vén de poñer en marcha unha instalación fotovoltaica de autoconsumo nas instalacións que ten en Santiago, reafirmando así o seu compromiso coa sostibilidade e a eficiencia enerxética.

Este proxecto está acollido ao programa de incentivos 1, 2 e 3 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector servizos e noutros sectores produtivos, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU (código de procedemento IN421W).

A instalación conta cunha potencia de 96,135 kWp e supuxo un investimento total de 78.597 euros, dos cales 19.649,25 euros foron achegados como axuda pública, ao abeiro do Real Decreto 477/2021 e da resolución do 29 de setembro de 2021.

Con esta actuación, Coregal dá un paso máis na estratexia de integración da economía circular cara á transición ecolóxica.

aCTUALIDADE COREGAL

Outras novas